Os alumnos deberán cursar algún master mesmo nivel e rama de coñecemento. No caso de estar en posesión do Diploma de Estudos Avanzados (DEA) obtido de acordo co disposto no RD 778/98 ou alcanzar a Suficiencia Investigadora segundo o regulado polo RD 185/85 deberán cursalo en programas de Doutoramento afíns.

Ademais, os alumnos han de posuír un nivel de coñecemento B1 (Marco Común Europeo de Referencia sobre Coñecemento de Linguas), ou outro equivalente oficialmente recoñecido.

A Comisión Académica do Doutoramento, realizará unha valoración dos estudos previos dos alumnos para comprobar que estes son válidos para a admisión no doutoramento.

No caso de que haxa máis solicitantes que prazas e sexa necesario facer unha selección, para iso realizarase una valoración dos CV dos solicitantes que permita priorizar as solicitudes, tendo en conta os seguintes criterios e a súa ponderación:

  1. Nota do expediente académico de grao/licenciatura (50%)
  2. Nota do expediente académico do Master/ DEA (30%)
  3. Experiencia investigadora acreditada mediante publicacións en revistas do JCR (20%)

 

Estudantes con necesidades educativas específicas

No caso dos estudantes con necesidades educativas específicas, estes contarán no proceso de admisión cun asesor académico nomeado pola Comisión Académica. A Comisión Académica do Programa de Doutoramento analizará de forma particular os casos dos alumnos con necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade e nomeará un titor do alumno para axudarlle a garantir a adquisición das competencias propias do nivel de doutoramento.
Se é necesario a Comisión Académica recibirá un informe do titor e adaptará os servizos de apoio e asesoramento necesarios que avaliarán a necesidade de posibles adaptacións curriculares, itinerarios ou estudos alternativos.